viernes, 25 de octubre de 2013

TRANSFORMANDO MATERIAIS.UNHA APROXIMACIÓN INTERDISCIPLINAR Á PRODUCIÓN DE OBXECTOS DE BRONCE (CAMPO LAMEIRO, PONTEVEDRA)

No  contexto  do  proxecto  GESTART.  Artistic  Gestures  revisiting  European  Artistic  diversity  and convergence, financiado pola Unión Europea a través do Programa Cultura (536112-CU-1-2013-
1-PT-CULTURE-VOL121), o PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE Campo Lameiro organiza a  actividade  Transformando  materiais.  Unha  aproximación  interdisciplinar  á  produción  de obxectos  de  bronce,  na  que  se  ofrece  un  diálogo  entre  os  creadores  de obxectos  (artistas e artesáns)  e os expertos na produción e uso deses obxectos no pasado (arqueólogos, historiadores,  restauradores-conservadores,  químicos),  coa  finalidade de mellorar a nosa comprensión dos procesos sociais e tecnolóxicos implicados na máis antiga metalurxia da Europa atlántica por medio da experimentación e da elaboración de réplicas e novas creacións.
O  proxecto  GESTART,  que  se  desenvolverá  ao  longo  dos  anos  2013  e  2014,  é  coordinado  pola Cámara  Municipal  de  Maçâo  (Portugal)  e  ten  como  socios  ao  Instituto  Terra  e  Memória
(Portugal),  ao  Centro  Universitario  Europeo  per  i  Beni  Culturali  (Italia),  á  Welsh  Rock  Art
Organisation (Reino Unido), á Dirección General de Patrimonio Cultural da Junta de Extremadura
(España)  e  á  Dirección  Xeral  de  Patrimonio  Cultural  da  Xunta  de  Galicia  a  través  do  Parque
Arqueolóxico da Arte Rupestre.
Entre  as  principais  accións  contempladas  no  proxecto  se  inclúen  colaboracións  entre  artistas  e
especialistas  en  arte  prehistórico  e  arqueoloxía  nos  distintos  escenarios  elixidos,  seminarios locais e internacionais, exposicións locais e unha gran exposición itinerante polos destinos que forman parte do proxecto.

INFORMACIÓN BÁSICA
Custe:  Gratuíto
Destinatarios:  arqueólogos,  artesáns,  químicos,  restauradores-conservadores, antropólogos e estudantes destas diversas disciplinas 
Nº de prazas:  40
Lugar de celebración:  PARQUE ARQUEOLÓXICO DEA ARTE RUPESTRE Campo Lameiro
Praderrei, s/n
36119 Campo Lameiro (Pontevedra)
Datas de celebración:  25 e 26 de outubro de 2013
Data límite presentación solicitudes:     15:00 h. do 21 de outubro de 2013
Información:  xornadasbronce@paar.es   www.paar.es 986696066

With  the   support   of  the   Culture Programme of the European Union
PROGRAMA

Venres, 25 de outubro

10:00 h. Presentación das xornadas
10:30 h. Conferencia: Alquimistas e artesáns. A emerxencia social do metal. Beatriz Comendador. Profesora Universidade de Vigo. Investigadora do GEAAT
11:15 h. Conferencia: A  produción  de  bronce  e  de  obxectos  de  bronce  na  Pre  e  Protohistoria:  unha  visión  a través de estudios arqueometalúrxicos. Elin  Figueiredo.  Investigadora  de  Pos-doutoramento.  C2TN,  Instituto  Superior  Tecnico, Universidade Tecnica de Lisboa; CENIMAT/I3N, Departamento de Materiais, Faculdade de Ciencias e Tecnologia, Universidade Nova de Lisboa, Portugal.
12:00 h. Pausa café
12:30 h. Conferencia: Pedra, barro, cera e bronce: unha achega experimental á transformación de materiais na prehistoria. Aaron Lackinger. Investigador do GEAAT (Universidade de Vigo)
13:15 h. Discusión
14:00 h. Pausa comida
16:00 h. Conferencia: A produción artesanal de pequenas pezas de Bronce. Pablo Leal. Artesán
18:00 h. Visita de estúdio: Os  últimos  campaneiros.  Visita  ao  taller  Ocampo.  Artesanos  Campaneros.  Arcos  da Condesa. Caldas de Reis (Pontevedra).  Enrique Ocampo. Artesán

Sábado, 26 de outubro

10:00 h. Preparación da estrutura para a fundición. Coordinadores: Beatriz Comendador e Aaron Lackinger
11:00 h. Fundición dun machado tipo Barcelos de bronce. Coordinadores: Beatriz Comendador e Aaron Lackinger
14:00 h. Pausa comida
16:00 h. Fundición dunha peza de bronce á cera perdida. Coordinadores: Beatriz Comendador e Aaron Lackinger.
18:30 h. Visita guiada: Petróglifos á luz das sombras. Visita nocturna aos petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte RupestreJose Manuel Rey García. Director do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre
20:30. Clausura das xornadas

Para poder participar na xornada cómpre cumprimentar a seguinte folla de solicitude e enviala por  correo   electrónico   (xornadasbronce@paar.es)   ao   PARQUE   ARQUEOLÓXICO   DA   ARTE RUPESTRE antes das 15:00 horas do 21 de outubro de 2013, data límite para a presentación das mesmas. O Parque Arqueolóxico publicitará a lista de admitidos aos efectos de confirmar a súa
participación.
 

No hay comentarios: